Cantina Mustallar

Piornedo

Piornedo é unha Aldea de alta montaña (preto de 1200 m. de altitude), está situado na falda dun dos montes mais emblemáticos da Serra de Ancares (Mustallar).

Esta pequena aldea composta por un total de 18 casas contaba a primeiros do século XIX por encima dos 200 habitantes e hoxe andaremos pola treintena, debido a un grave problema de despoboamento masivo que afecta ao rural e, en espacial a estas zonas illadas e carentes de servizos.

A característica distintiva de Piornedo é a de ter o maior conxunto conservado de pallozas probablemente de Europa.

Malia a ser un lugar frío pola altitude o emprazamento presenta grandes atractivos, é un pobo chan, compacto, protexido polas montañas e ten recunchos de gran beleza, aínda que cómpre mellorar a conservación do conxunto.

Tamén hai que dicir que sufrimos problemas polo illamento da zona e a falta de servizos no rural   como é a ausencia de alumado nos camiños, etc.