Cantina Mustallar

Castro de Cervantes

Castro de Cervantes

Polo emprazamento e pola denominación xa había indicios da existencia dun castro na parroquia do Castro, a evidencia chegou cando se melloraron os accesos á igrexa e apareceron muros, laxes…

O castro foi escavado parcialmente e descubriuse un poboado de casas xuntas provistas de lareiras e algunhas de pequenos fornos, con paredes de lousa ben traballada e canais entre as casas para evacuar a auga.

Este é un castro datado na época romana, estaba ocupado por mineiros especializados na extracción aurífera, que tanto interese tiña para o imperio, polo que non tiña espazos destinados a actividades agrícolas ou gandeiras e estaba rodeado por un foxo de auga. Estivo habitado dende o ano 50 a. C. ata o século II d.C.