Cantina Mustallar

Coro de Rao

Coro de Rao

É unha pequena aldea que foi restaurada e que mantén un conxunto de construcións bastante harmónico. Está a uns 25 km de Piornedo e vaise por Balouta ou por Pandozarco.

É mellor deixar o coche á entrada e ir andando porque os camiños son estreitos e non hai moito onde aparcar, sobre todo no verán.

Ten unha pequena taberna, de sabor tradicional, e pódese dar un paseo agradable ata o río.

Este lugar encerra outros tesouros como a cerámica viva Orballo…