Navia é a vila que temos mais preto, a uns 28 km e durante moitos anos foi un dos lugares mais importantes nos que comprar e vender. A súa feira era coñecida e frecuentada por tratantes da rodeada e os comercios da vila florecían abastecendo á xente da montaña.
Continúa sendo recomendables para visitar Navia os días de feira (o segundo domingo e o día 29 de cada mes) pois vai moita xente comer o polbo e hai certa animación.
Polo demais Navia merece unha visita e un paseo tranquilo, teñen interese a súa ponte románica, a torre medieval (é privada, está parcialmente habitada e non se pode visitar), algunhas das prazas e recunchos do pobo, as tabernas e o paseo a carón do río.
Para os amantes da pesca este é un lugar privilexiado.