Cantina Mustallar

Pandozarco

Pandozarco

Era o que chamamos unha alzada: un pobo con casas mais pequenas ao que os veciños se desprazaban co gando durante o verán.

Pandozarco era a alzada dos veciños de Murias de Rao, en Navia de Suarna. Dista 15 km de Piornedo e para chegar collese no alto da Cespedosa (xusto no cruce de Balouta) unha estrada á man esquerda.

Polo seu emprazamento, preto da pedra de Murias e polas vistas é un lugar digno de visitar, pero ao longo do tempo foi perdendo parte do seu atractivo: as construcións orixinais eran pallozas (a que mais tempo se conservou foi a do Pito), mais pequenas que as dos emprazamentos permanentes, aínda se poden ver algunhas paredes circulares que se cubriron con outros materiais.