Cantina Mustallar

Suarbol

Suarbol

Situado a 3 km de Piornedo, é o primeiro lugar da provincia de León. Ten unha igrexa románica con arcadas, bastante meritoria, e constitúe un dos conxuntos arquitectónicos mais interesantes da serra.

Din que se chama así porque cando o pobo estaba na Cespedosa á santa dáballe por escapar da igrexa e vir pousarse a unha arbore que había neste lugar, que daquela se chamaba Entrambasaguas (porque cruzan o lugar dous regatos), volvíana a levar á igrexa e, unha vez tras doutra, volvía a escapar… Finalmente decidiron cambiar o pobo de sitio e chamáronlle Suarbol.

Na década dos 50 Suarbol ardeu case por completo, por iso non ten pallozas, reconstruíuse con casas de lousa.

De paso que damos un paseo polos recunchos da pequena aldea podemos buscar a casa de Cadenas, que ten tallas antigas e interesantes na fachada, relacionados coa fecundidade.