Cantina Mustallar

Piornedo – Donís – Igrexa de Donís – Vilar – Sete Carballos – Campa da Braña – Albergue – Piornedo

galeria_lugares_interes_008

Distancia aproximada: 45 Kms.

Collemos a estrada de Cervantes, no fondo do lugar á esquerda, e en Donís, despois de pasar a casa de Naipes, torcemos á dereita para meternos polo medio do pobo. En Donís podemos admirar o escudo brasonado da casa da Casoa, relacionado coa liñaxe dos Grajal, Alcañices e outras familias que ostentaron o señorío destas terras.

A primeira parada é para a igrexa románica de San Fiz, unha auténtica catedral na montaña, recentemente restaurada (se temos sorte e hai algunha misa podemos admirar as pinturas murais do século XVI, ademais da sobriedade da construcción).

Continuamos baixando e chegamos ás Pontes de Xantes, onde estaba a aceña (a primeira construción á esquerda, aínda moi ben conservada), este lugar era un gran polo de atracción durante boa parte do século XX pois todos os veciños da parroquia baixaban moer aquí. Ata fai pouco tempo os veciños desta casa obtiñan a electricidade mediante unha dínamo.

Unha das pontes que lle da nome ao lugar tamén é de tipoloxía romana, quedou algo enterrada ao facer a nova estrada pero pódese apreciar a solidez da construción e o arco de medio punto.

Collemos a carreteira e empezamos a subir cara a Vilar, no primeiro cruce torcemos á dereita e despois á esquerda. Podemos facer algunha parada nalgún pueblin e, para facer fotos, na Serra de Vilar. Despois seguimos ata Seta Carballos e de alí, á esquerda, cara á Campa da Braña.

Desde a Campa da Braña collemos á dereita para ir a Tres Obispos, antes ou despois debemos facer unha parada nos mesóns da campa da Braña.

Na campa do Fieiró atopamos o Albergue do Clube Ancares, tamén merece unha parada e as vistas son impresionantes. Cómpre visitar a aula da natureza que nos ofrece información sobre a flora e fauna da zona, a cal conta coas declaracións de zona LIC da Rede Natura, Reserva da Biosfera e Zona Oseira ademais de ser Reserva de Caza.

Se alguén quere combinar o paseo en coche con unha andaina pode optar por o Pico de Tres Bispos, Brego ou Cabana Vella: o primeiro seguindo a pista ata o remate e despois unha senta ben marcada, e o segundo collendo o primeiro desvío da pista á dereita (para chegar a Brego pásase por Cabana Vella, onde hai unhas construcións abandonadas).

Para rematar volvemos a baixar á Campa da Braña e collemos á dereita cara a Piornedo.