Cantina Mustallar

Piornedo – Ponferrada – As Médulas – Peñalba de Santiago – Ponferrada – Piornedo

galeria_o_contorno_082

No fondo do lugar torcer á dereita, pasamos por Suarbol, polo Porto e polo Val de Ancares, por Vega de Espinareda (coas paradas que consideremos)   e encamiñámonos cara a Ponferrada.

Convén pedir información na oficina de turismo sobre as rutas e tamén sobre os sitios típicos de Ponferrada, nos que comer, tomar unhas tapas ou pasear.

aproveitamos a mañá para ir ás Médulas (antigas minas de ouro explotadas polos Romanos mediante a destrución das montañas e ladeiras e o coado do ouro) e pola tarde ao val do Silencio e a Peñalba de Santiago.

A volta farémola polo mesmo camiño porque o percorrido xa se fai bastante longo. Outra posibilidade é facer estas dúas excursións en dous días diferentes, con mais calma.