Duración aproximada da ruta: 1,5 horas (só ida).
Deixamos o coche na explanada que hai no porto de Ancares e collemos á dereita (cara ó leste). A ruta non ofrece ningunha dificultade pois o sendeiro discorre polo cordal e está ben definido polo que non o imos perder. Recomendamos subir ó pico de cuíña que é o monte mais alto da Serra de Ancares e dende alí, se o día está claro pararse tranquilamente para velo todo (ó lonxe Lugo ou Ponferrada, os vales, os pobos… con prismáticos seguro que se poden localizar algunha mada de rebezos ou de cabras montesas nalgún pico) e, os que vaian cansos poden optar por descansar no Pozo de Ferreira, unha lagoa Glaciar situada na vertente noroeste de Cuíña.
O pozo de ferreira tamén é un bo sitio para merendar pois o monte sempre da fame pero… no verán acostuma haber bastante xente.
A volta ata o coche é polo mesmo camiño.