Cantina Mustallar

Cantina

Cantina

Está situada na parte mais antiga da casa (ano 1900), primeiramente foi a corte das ovellas, no ano   1975 converteuse na Cantina do Sesto (o nome polo que se coñecía a casa), e mais tarde púxoselle Cantina Mustallar polo pico mais alto da parte Galega dos Ancares.

É un local pequeno, conserva as paredes orixinais de pedra, ten cheminea e un ambiente agradable.

É un lugar de encontro na zona e un sito atractivo para troulas e ruadas nas que non faltan as gaitas, as pandeiras propias da zona…