Atopámolo de camiño cara a Ponferrada, despois de pasar Suarbol e a Cespedosa. Nos días claros hai que baixarse do coche e botarlle unha ollada aos vales de Balouta, Suarbol e Ancares. Ademais é un sitio axeitado para gozar da neve sen andar moito porque a estrada ten unha altitude considerable.
