Cantina Mustallar

Palloza-Museo Casa do Sesto

A Palloza-Museo Casa do Sesto atópase integrada no complexo de turismo rural Cantina Mustallar. Esta palloza, hoxe convertida en museo (recoñecida pola Xunta de Galicia como colección visitable) pertence tamén á familia e constitúe unha visita obrigada para coñecer a historia e a forma de vida das familias nas tradicionais pallozas.

Expóñense distintas ferramentas e aparellos que foron usados pola familia, pero o mais importante é o propio edificio, unha palloza , que foi a vivenda habitual dos propietarios ata o ano 1.970. As pallozas son construcións circulares de pedra, con cuberta cónica de palla de centeo, de tipoloxía castrexa (pola súa forma e materiais poderían ser a evolución das vivendas prerromanas), adáptanse ás necesidades dos habitantes e ó medio dunha forma totalmente harmónica, manteñen unha temperatura interior constante e están distribuídas en función das necesidades.

Na palloza tamén se poden adquirir agasallos, conta cunha pequena tenda, “cerámica Trisquel” na que se expoñen e venden pequenas pezas de arxila roxa ou negra, de porcelana ou de gres combinadas con vidro reciclado. As pezas están elaboradas de forma artesanal e enxalzan as características da zona.

www.pallozamuseocasadosesto.com