Cantina Mustallar

Rutas

Rutas

Os Ancares é unha zona que merece a pena coñecer, seguramente carece de servizos e recursos necesarios para ser un centro de atención turística importante pero, en troques, mantén a maxia do auténtico e podemos descubrir a natureza en estado puro a carón de interesantes vestixios culturais e unha gastronomía de excelente calidade.

Para o que queira vir a Ancares de vagar, durante uns días, e profundar no coñecemento da serra e dos seus arredores van estes retazos informativos que ampliaremos gustosos persoalmente. As rutas que propoñemos son a modo de exemplo pero hai moitas outras posibilidades e outros percorridos que se poden adaptar aos desexos de cada viaxeiro.
Hai que asegurarse ben da ruta preguntando nos lugares cando teñamos dúbidas porque os percorridos son longos e as sinalizacións escasas.

Ver mapa de altitudes