Para os que queiran andar polo monte…
admirar as paisaxes acercarse á natureza, levar na retina a esencia dos bosques e montes…
Rutas guiadas
Ofrecemos a posibilidade de contratar guías (avisando con antelación) para aquelas rutas mais difíciles de localizar. Hai que ter en conta que as sendas son estreitas e van polo medio do monte, algunhas están medias perdidas e só se pode acceder coa compaña de alguén da zona que as coñeza ben. Algunhas das rutas que se poderían facer mediante esta modalidade son:
- O Campo – Os Acebais – Val da Fereita e volver polo camiño de Moreira ou polo Canto da Cabeza
- Ponte de Agulleiro – Chao das Penas – As Lastras dos Requeixos e volver polo Campo ou pola senda grande
- As lastras dos requeixos, volver por Campo Redondo
- Os acebis, a Golada, volver pola Cruz e o Canto da Cabeza
- Cruzar a reboleira de Vilarello pola Senda Nova (hai que deixar un coche ó final da ruta e outro ao comezo para nun ter que desandar o camiño).
Inicio ou fin de ruta en coche
Outra modalidade sería acercar á xente que queira facer unha ruta larga ao inicio da mesma co coche ou recollelos a unha hora indicada:
- A freita para facer a corda dende Pena Rubia ata Piornedo.
- O porto de Ancares para vir por Cuiña e á braña de Piornedo.
- Burbia para volver a Piornedo por Brego.
- Albergue de Ancares para vir dende Tres Obispos e á braña de Piornedo…
Rutas libres
Rutas sinalizadas, rutas que teñen bo camiño ou con visibilidade (polos cumes) e rutas que pasan pobos, onde se pode preguntar a alguén.
- Rutas sinalizadas
Tralo Sesto (ruta etnográfica sinalizada con paneis, folletos…)Descargar folleto - Rutas polos cumes
Convén ir provisto de calzado axeitado, roupa de abrigo, sombreiro, protección solar, auga e algo de comer. - Rutas polos pobos
Nestas rutas teñen a vantaxe de que podemos falar coa xente dos lugares, preguntar polo camiño correcto.- Piornedo – Moreira
- Piornedo – Vilarello
- Piornedo – Igrexa de Donís – As pontes – Xantes – Vilarello – Piornedo