Cantina Mustallar

Os Ancares

A serra de Ancares está situada entre as provincias de Lugo, León e Asturias.

As orixes do termo Ancares son incertos: a primeiros do século XX o único que se coñecía como Ancares era un val pertencente ao concello de Candín, en León, que se estende dende o Porto de Ancares ata o Porto de Lumeiras. Por algunha razón o termo foise estendendo, primeiro á totalidade da serra e despois pasou a dar nome a comarcas.

Hai quen di que o termo se estendeu á parte galega debido a unha empresa moi importante, que traballou sacando madeira no Concello de Cervantes nos anos 30 que se chamaba Compañía Ancares.

Resulta tamén difícil delimitar hoxe a que nos referimos cando falamos de Ancares, o termo espertou interese e hoxe abarca territorios que pouco teñen que ver coa serra e co espazo natural que lle da recoñecemento.

Na vertente Galega chamase Ancares unha comarca situada ao leste da provincia de Lugo formada polos concellos de Becerreá, as Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Na vertente Leonesa coñecese como Ancares un territorio formado polos vales de Balboa e os que conforman os rios Burbia, Ancares, Cúa e Fornela (uns 50 lugares repartidos entre os concellos de Balboa, Vega de Espinareda, villafranca del Bierzo, Fabero, Páramo del Sil, Palacios del Sil Villablino, Peranzanes e Candín.

A cordillera continúa cara a Asturias e tamén se estende, a veces, a denominación de Ancares a lugares asturianos dos Concellos de Ibias e Degaña.

Os montes mais importantes da serra son: Cuíña (1978 m.), Mustallar (1924 m.), Miravalles, Pena Rubia, Pena Longa, Tres Obispos, Os Penedois…

Ancares é un espazo natural   que debido ao seu bo grao de conservación e á riqueza do seu patrimonio natural e etnográfico mereceu unha chea de declaracións institucionais de protección (algunhas delas abarcan todo o territorio e outras algunha parte do mesmo): Zona de protección dos valores naturais ( ZEPA, abril 2004), Zona especial desprotección do oso pardo, Lugar de importancia comunitaria (LIC), Reserva nacional de caza, Paisaje pintoresco (desde 1970), Reserva da Biosfera. Tamén se ven debatendo dende fai moitos anos a necesidade de declarar Ancares parque natural de Galicia pero … O que é certo é que todas estas declaracións non están contribuíndo á conservación e mellora do entorno e a medida que pasan os anos imos vendo como os lugares están mais abandonados, as fincas non se cultivan, cada vez hai menos gando…cómpre facilitar a permanencia da xente nova na zona mediante a creación de servizos (Internet, transportes públicos…) para frear o abandono dos pobos e o deterioro do medio que este conleva.

En canto á flora hai importantes bosques autóctonos formados por rebolos, castiñeiros, bidueiros, acebos, capudres, teixeiros… e, en cotas mais elevadas, matogueiras: uces, xestas, carpanzos, arandeiras…

Esta flora variada e abundante ofrece albergue e sustento a unha fauna tamén rica e interesante: oso pardo, urogalo, lobo, corzo, robezo, cabra montes, cervo, londra, aigas, perdices…

O elemento mais significativo da arquitectura popular é a palloza pero tamén existen outras construcións singulares como igrexas, pontes, fontes… E non podemos deixar de falar da sabedoría popular como patrimonio cultural de gran valor (folclore propio, contos e lendas, costumes…), existente na serra pero en perigo de desaparición debido ao envellecemento e ao despoboamento.