Casa rural en Os Ancares
Contamos cun apartamento construído aproveitando o baixo cuberta da casa nova. Dotado dunha habitación ampla con capacidade para 4 persoas, sala, cociña totalmente equipada con lavadora, lavalouzas, fornos…
Temos un total de 9 habitacións, con calefacción e televisión todas elas diferentes: Oito teñen baño propio e unha baño de uso común, tres dispoñen de galerías privadas.
Todas as habitacións son dobres e a maioría dispoñen de camas supletorias.
Non quedes sen visitar…
Palloza-Museo Casa do Sesto
A Palloza-Museo Casa do Sesto atópase integrada no complexo de turismo rural Cantina Mustallar. Esta palloza, hoxe convertida en museo (recoñecida pola Xunta de Galicia como colección visitable) pertence tamén á familia e constitúe unha visita obrigada para coñecer a historia e a forma de vida das familias nas tradicionais pallozas.
Expóñense distintas ferramentas e aparellos que foron usados pola familia, pero o mais importante é o propio edificio, unha palloza , que foi a vivenda habitual dos propietarios ata o ano 1.970. As pallozas son construcións circulares de pedra, con cuberta cónica de palla de centeo, de tipoloxía castrexa (pola súa forma e materiais poderían ser a evolución das vivendas prerromanas), adáptanse ás necesidades dos habitantes e ó medio dunha forma totalmente harmónica, manteñen unha temperatura interior constante e están distribuídas en función das necesidades.
Na palloza tamén se poden adquirir agasallos, conta cunha pequena tenda, “cerámica Trisquel” na que se expoñen e venden pequenas pezas de arxila roxa ou negra, de porcelana ou de gres combinadas con vidro reciclado. As pezas están elaboradas de forma artesanal e enxalzan as características da zona.