A Cantina Mustallar é un establecemento de turismo rural coa categoría de casa de labranza pois a familia continúa a realizar tarefas agroforestais.
É un establecemento pequeno, rexentado pola familia no que podemos destacar o trato afable e a atención cércana e personalizada.
Está aberta dende o ano 1991, foi a primeira casa de turismo rural que funcionou na serra e o nome venlle dado porque a cantina, que levaba aberta dende o ano 1975, xa lle chamabamos Mustallar.
No ano 2009 realizouse unha importante obra de ampliación do establecemento e pasamos de ter cinco habitacións a ter 9 e un apartamento.
Dispoñemos de comedor, cun menú sinxelo pero apetitoso, elaborado a partir de produtos da zona.
Un sitio ideal para descansar, para achegarse a unha zona cun interesante patrimonio cultural e paisaxístico e como punto de referencia para facer sendeirismo e rutas de montaña.
Non deixen de pedirnos información sobre todas aquelas cousas que lles interesen da serra pois a información escrita que se pode atopar é escasa e, a miúdo, está pouco actualizada.