Duración aproximada da ruta: 2 horas (só ida).
Deixamos o coche no mesmo lugar que para a ruta anterior pero esta vez imos coller a senda que vai pola corda cara ó oeste (á esquerda).
Tampouco non hai moita posibilidade de perder o sendeiro porque está moi pisado.
A ruta é segura pero nun pequeno tramo as persoas que sufran de vértigo poden sufrir un pouquiño. A subida ó pico é moi empinada e faise algo dura pero a satisfacción que produce alcanzar a cima e as vistas merecen todos os esforzos.